top of page

ENTRADA DE MENORES - ACCESO AO FESTIVAL ARBO ROCK

Facendo uso do dereito de admisión, a organización do FESTIVAL ARBO ROCK permite a entrada ao evento aos menores que asistan acompañados dunha persoa maior de idade. Durante a súa estancia no recinto, o acompañante será responsable de calquera acción que o menor realice.

Para que isto sexa posible é necesario presentar á entrada do recinto, a seguinte documentación:

A autorización do pai/nai ou titor legal do menor debidamente cumprimentada que se poderá descargar na seguinte ligazón.

 

DESCARGAR AQUÍ EN CASTELÁN   

 

 

DECARGAR AQUÍ EN GALEGO

 

En todo momento tanto o acompañante como o menor deberán levar o seu DNI/Pasaporte, por se fose requirido por parte do persoal da organización, para acreditar a súa identidade.

No caso de cidadáns estranxeiros deberán achegar os documentos oportunos do seu país de orixe. A autorización de entrada/acceso de menores poderán recollerse e cumprimentarse á entrada do recinto nunha caseta de venda de entradas o día do festival (30 de xullo).

Para evitar aglomeracións, inconvenientes e sorpresas de última hora, dende a organización recomendamos descargar o documento dende a nosa páxina web (arborock.com) e enchelos con calma, asegurándose de cumprimentar todos os requisitos.

A Organización informa que a lexislación vixente prohibe expresamente a venda de alcol aos menores de idade. Lembrámosvos que o menor deberá en todo momento levar o seu DNI.

A falta de cumprimento dos requisitos anteriores, serán motivo de expulsión do recinto e non dará dereito a reembolso algún do prezo abonado pola entrada do menor.

Terán a entrada gratuíta todos os menores de 12 anos (incluído).

ASOCIACIÓN

SEN ÁNIMO DE LUCRO

bottom of page